top of page

BENVIDOS

Una chica natural

Ola a todos e todas! 

​

Como sabedes, a situación de corentena que estamos a vivir obríganos a reinventarnos, e ver a educación dende outras formas. Estamos todos/as nas nosas casas, pero debemos seguir traballando no proceso educativo do noso alumnado. 

Dende o Departamento de Orientación do noso centro queremos facilitarvos o máximo posible o acceso á formación, por iso creamos este sitio web, que vai recoller unha chea de información co fin de axudarvos e aconsellarvos.

Queremos transmitirvos tamén unha mensaxe de ánimo e tranquilidade. Debemos afrontar esta situación da mellor maneira posible, ser fortes e pacientes, pois pronto rematará. Podedes contar con todo o noso apoio, e estamos dispoñibles para axudarvos no que precisedes. Así mesmo, poderedes atopar por aquí información para aprender a manexar os desaxustes emocionais que poden sufrir os pequenos e pequenas nesta situación, con ligazóns de interese e actividades que vos axudarán a comprender as emocións.

No menú podedes atopar distintos apartados nos que se clasifica a información que vos aportamos, se tedes algunha dúbida, podedes consultarnos.

​

Moito ánimo!

​

© 2023 by Little Tots Preschool.

Proudly created with Wix.com

bottom of page