ACTIVIDADES DE EDUCACIÓN EMOCIONAL
Neste apartado podes atopar actividades para traballar as emocións.
Pincha nos botóns e atoparás as instrucións de cada actividade, así como os materiais que poidas precisar.
Todas as actividades están adaptadas aos nenos/as de 3 a 12 anos. Con instrucións específicas por idades.
As actividades inclúen materiais imprimibles, pero se non tes impresora, podédelos facer vós mesmos.
É preferible que as actividades se fagan por orde, xa que os contidos están relacionados e irán aumentando en dificultade.
DIARIO DE EMOCIÓNS
Podemos comezar este grupo de actividades incluíndo un diario no noso día a día. A actividade consiste en anotar cada día como nos sentimos. Os máis pequenos/as podedes facer un debuxo; os que xa se atrevan a escribir, acompañar o debuxo de algunha palabra; e os máis maiores podedes escribir con palabras como vos sentiches. Logo, compartides cos demais membros da familia as vosas emocións, contando porque hoxe estades contentos, tristes, aburridos, etc. aproveitando para conversar en familia e compartir emocións.
Deixámosvos unha plantilla para elaborar este diario.
ACTIVIDADE 1
Crea un dicionario coas emocións que coñeces, e actualízao coas novas que aprendas.
ACTIVIDADE 2
Expresa con mímica a emoción que che toque e... adiviña.
ACTIVIDADE 3
Atopa a parexa de emocións.
ACTIVIDADE 4
Tira o dado e explica como te sentirías se...
ACTIVIDADE 5
Xoga ao pasalabra con definicións de emocións.
ACTIVIDADE 6
Coloca as fichas e relaciona cada emoción coa súa definición.
ACTIVIDADE 7
Escribe mensaxes positivas para a túa familia.