top of page

ACTIVIDADES LÚDICAS

Neste apartado podes atopar xogos e actividades que vos permitan estar entretidos.

OCA DO CORONAVIRUS

O CEIP de Bergantiños (Carballo), elaborou esta divertida oca. Pulsa no botón para descargala e comezar a xogar.

PROFE, E AGORA QUE FAGO?

Neste historia, de José Carlos Román e David Lorenzo,  preséntase en forma de conto, un montón de actividades que poden realizar os nenos/as. 

SAVE THE CHILDREN

Desde a ONG "Save the children", propoñen ideas de actividades e xogos para facer na casa. Pulsa para descargar.

KALANDRAKA TV

Esta editorial de literatura infantil e xuvenil, conta con un espazo no que recollen "contos contados", para tódalas idades. Entra e escoita os que máis che gusten.

AVENTURAS NO MONTE DAS ARTES

A Raposa Fedella vive no monte Gaiás, na Cidade da Cultura en Santiago de Compostela. Gústalle propoñer retos aos nenos/as en relación coa arte. Serás capaz de resolvelos?

RETO 1: BIBLIA KENNICOTT

RETO 2: PARAÍSO TERRENAL

RETO 3: GUERREIRO CELTA E SANTA

RETO 4: VIAXA CON EXERIA

RETO 5: UN PASEO POLO BOSQUE

RETO 6: A DANZA NA PINTUARA

TEATRO DE SOMBRAS

A nosa compañeira, Alba Pérez, ensínanos a crear un teatro de sombras caseiro. Pulsa o botón para saber como se fai.

PROFE, MIRA O QUE FIXEN!

Despois do éxito de "Profe, e agora que fago?", José Carlos Román e David Lorenzo crean esta nova historia na que a protagonista nos da máis ideas de actividades que podemos facer na casa.

SOPRANDO ENTRE LABIRINTOS

Ana Pérez Tomé comparte en "Aulas Galegas" esta actividade de sopro. Pulsa para ver como se xoga.

ÁRBOL ABC

Nesta portal educativo podedes atopar infinidade de recursos para que os nenos/as se divirtan e aprendan á vez, tales como cancións, contos, puzles, xogos matématicos, etc. E tamén buscar recursos por idades. 

EXPERIMENTOS DE CIENCIA

A web "sapos y princesas", elaborou un caderno con distintos experimentos de ciencia que se poden facer facilmente na casa.

VIAXE ÁS ISLAS CANARIAS

Gustaríache  coñecer as Islas Canarias? pois nesta web podes achegarte un pouco a elas coñecendo moitas curiosidades. Ademais, podes crear un conto personalizado co teu propio nome.

GEOEXPLORER

Caderno infantil de actividades creado polo Centro Nacional de Información Xeográfica (CNIG), dirixido a nenos/as a partir de 6 anos. Permite iniciarse no coñecemento da xeografía e Ciencias da Terra.

XABARÍN TVG

O Xabarín conta con unha web na que podes ver tódolos debuxos que botan na televisión e tamén xogos, cancións, contos, consellos, etc. Tamén podes velo no seu canal de youtube ou na súa app.

O CAMPUS NA CASA

#ElCampusEnCasa é unha iniciativa da marca de agua Font Vella para amenizar o confinamento dende o seu canal de youtube. Tódolos días colgan unha proposta, que pode ser, unha manualidade, unha receita,  experimentos, actividades de baile, etc. 

365 MANUALIDADES

Aquí podedes atopar o libro "365 manualidades para pasarlo en grande" de Fiona Watt, con moitas propostas para facer na casa.

AS LETRAS GALEGAS

Esta semana (11-17 de maio) estamos conmemorando as Letras Galegas, adicadas este ano a Ricardo Carvalho Calero. Aquí vos deixamos moitas actividades para divertirse e aprender sobre este autor.

​

- A Raposa Fedella propón un novo reto:

RETO 7: RICARDO CARVALHO CALERO

- Os xogos de pistas son moi divertidos! Aquí vos deixamos uns cantos, elaborados por mestres e mestras. 

O MISTERIO DA CASA DE RICARDO CARVALHO CALERO

​

lETRAS GALEGAS 2020: RICARDO CARVALHO CALERO

​

DON RICARDO: O XOGO

​

LETRAS GALEGAS

- Non esquezades ler moito en galego.

AS PITAS BAIXO A CHOIVA. CARVALHO CALERO.

​

CONTOS EN GALEGO DE KALANDRAKA.

​

OS BOLECHAS: AS MIÑAS PRIMEIRAS LETRAS GALEGAS

​

XOGO DE MEMORIA

Beatriz Reimundez compartiu en "Aulas Galegas" este xogo de memoria no que tes que recordar onde se atopan os animais domésticos.

 

© 2023 by Little Tots Preschool.

Proudly created with Wix.com

bottom of page