A EDUCACIÓN EMOCIONAL

”Educar a mente sen educar o corazón, non é educar en absoluto” (Aristóteles)
Segundo Rafael Bisquerra, a educación emocional é un proceso educativo, continuo e permanente, que pretende potenciar o desenvolvemento emocional como complemento indispensable do desenvolvemento cognitivo.
Os obxectivos da educación emocional, segundo este autor, son:
-
Adquirir un mellor coñecemento das propias emocións.
-
Identificar as emocións dos demais.
-
Desenvolver a habilidades de controlar as propias emocións.
-
Previr os efectos prexudiciais das emocións negativas.
-
Desenvolver a habilidade de xerar emocións positivas.
-
Desenvolver unha maior competencia emocional.
-
Desenvolver a habilidade de automotivarse.
-
Adoptar unha aptitude positiva ante a vida.
Polo tanto, podemos dicir que a educación emocional é un contido transversal que, aínda que non se inclúe como tal no currículo, debe ser tratado ao longo de todo o curso. Isto quere dicir, que de forma implícita, no día a día do centro estamos traballando as emocións. Aínda así, solemos ver a nenos/as frustrados porque non son quen de recoñecer as súas emocións e xestionalas. Como vimos dicindo estes días, esta situación faise máis complicada no momento que estamos a vivir, por iso vos iremos propoñendo unha serie de actividades nas que os nenos/as poderán traballar a educación emocional de forma concreta.