CONSELLOS E RECOMENDACIÓNS
Neste apartado podes atopar recomendacións e consellos para afrontar a situación de corentena, así como enlaces e información de interese.
Rutinas durante a coretena
Aquí tedes unha proposta de rutinas que podedes seguir durante o confinamento.
Pulsa na imaxe para saber máis.
Alternativas ás pantallas
Algunhas actividades que podedes facer cos nenos para non caer na televisión e videoxogos.
Pulsa na imaxe para saber máis.
Rosa contra el virus
O estado de corentena que estamos vivindo pode supoñer desaxustes emocionais nos nenos e nenas. É unha situación nova e descoñecida para eles, tamén para os adultos/as, pero nós contamos con certos recursos de xestión das emocións que os nenos/as aínda non teñen adquiridos.
O primeiro que debemos facer é explicarlles a situación con normalidade, para iso recomendámosvos que leades cos vosos fillos/as o conto “Rosa contra el virus” publicado polo Colexio Oficial de Psicoloxía de Madrid.
Pulsa na imaxe para ver o conto.
TIPS PARA ENFRONTARNOS Á CORENTENA
Como dicíamos anteriormente, a situación que estamos a vivir pode producir desaxustes nas emocións dos nosos pequenos/as. Os primeiros síntomas que podemos notar son o aburrimento, cambios de humor ou pelexas entre irmáns. Outros nenos/as máis sensibles poden sufrir alteracións do sono, como pesadelos. A continuación presentamos unhas recomendacións, a partir das aportacións do neuropsicólogo e especialista en psicoloxía infantil, ÁLVARO BILBAO.
Pulsa na imaxe para saber máis.
OITO PROPOSTAS DE FRANCESCO TONUCCI
Aquí as oito propostas que nos deixa o famoso pedagogo FRANCESCO TONUCCI, tamén coñecido como FRATO, a través de Integratek (plataforma de ensinanza).
Con estes consellos quere reforzar a importancia de escoitar aos nenos/as e compartir con eles/as as tarefas da casa, para converter a casa en escola durante estes días.
GUÍA DE APOIO EMOCIONAL
Novos consellos aportados pola Asociación Ser Con-Tacto, a través dunha “Guía de apoio emocional para os nenos e nenas en tempos de crise”.
Pulsa na imaxe para saber máis.
ESTA LOITA GAÑÁMOLA XUNTOS
Eva Martínez Leins compartiu en "Aulas Galegas" este precioso conto para explicarlle aos nenos/as a historia do coronavirus.
Pulsa na imaxe para ver o vídeo.
APOIO EMOCIONAL DURANTE A CORENTENA
Unicef preséntanos esta guía con consellos para adaptarnos aos tempos de coronavirus.
Pulsa na imaxe para saber máis.






