top of page

ENLACES EDUCATIVOS

Neste apartado podes atopar información sobre alternativas educativas para facilitar a aprendizaxe dos nenos/as durante o período sen actividade lectiva nos centros. 

APRENDEMOS EN CASA

Dende o luns 23 de marzo, o Ministerio de Educación e Formación Profesional pon en marcha esta iniciativa, dirixida ao alumnado de 6 a 16 anos, que pretende facilitar a aprendizaxe durante a suspensións da actividade lectiva.

Emitiranse  tódalas mañás na TVE 5 horas de contidos educativos.

Pulsa na imaxe para saber máis.

APRENDO NA CASA

Ademais dos contidos educativos que se emiten na TVE, o Ministerio de Educación e Formación Profesional conta con un portal no que se recollen recursos, ferramentas, aplicacións... co fin de axudar ao alumnado, familias e profesorado.

Pulsa na imaxe para saber máis.

EDUCLAN

CLAN lanza esta ferramenta educativa que está dispoñible dende o 16 de marzo, con contidos audiovisuais para nenos/as de 3 a 10 anos.

Pulsa na imaxe para acceder á súa web, na que atoparedes tódolos contidos agrupados por idades.

TVG2

A Televisión de Galicia emite, dende o 23 de marzo, e pola súa segunda canle, a TVG2, un bloque de programación educativa. De luns a venres, entre as 11.00 e as 13.00 horas.

Pulsa na imaxe para saber máis.

AULAS GALEGAS

Aulas Galegas é un portal educativo creado por un colectivo de profesorado sen ánimo de lucro, para ofrecer unha axuda educativa á sociedade durante esta situación de illamento. O seu obxectivo é proporcionar ao alumnado, familias e profesorado recursos e materiais educativos en galego.

Pulsa na imaxe para acceder á súa web na que poderedes atopar moitos recursos agrupados por etapas e por materias.

SMILE AND LEARN

Trátase dun canal de youtube con contidos educativos moi variados (matemáticas, ciencias, música, yoga...), para nenos/as de 3 a 12 anos.

© 2023 by Little Tots Preschool.

Proudly created with Wix.com

bottom of page