top of page

ENLACES DE INTERESE

Neste apartado podes atopar contidos relacionados coa Educación Emocional.

Claves para a xestión das emocións

​

Dende “Afundación Obra Social Abanca” crean o programa #AfundaciónEnCasa, no que podemos atopar o seguinte vídeo: “Claves para a xestión das emocións” da man de Rafael Guerrero, psicólogo e formador de profesores e pais. É unha charla moi interesante na que se nos presentan ferramentas para que teñamos uns coñecementos mínimos e unha serie de habilidades afectivas para poder axudar aos nenos/as a regular as emocións.

​

O cerebro na palma da man

 É normal que nestes días emocións como o enfado, a ira, a rabia... afloren máis que normalmente, e queremos que comprendas que pasa no cerebro cando te sentes así. Este vídeo axudarache a entendelo e tentar comprender as emocións, imos ver como funciona o noso cerebro emocional!

​

Traballar coas emocións

Dende o portal educativo “Aulas Galegas”, déixannos unhas indicacións para traballar coas emocións. Como identificalas, recoñecelas e controlalas, con recomendacións de lecturas e actividades.

Pulsa na imaxe para saber máis.

Benestar emocional

Un novo contido de “Aulas Galegas”, onde nos dan consellos para acadar o benestar emocional dos nenos/as. 

Pulsa na imaxe para saber máis.

Que facer co malhumor

Pasouche nestes días, que estás enfadado/a e non sabes nin porque? É algo normal, pero podemos porlle solución. En "Aulas Galegas" dannos estas recomendacións. 

Pulsa na imaxe para saber máis. 

Supervivencia emocional

A psicóloga  Anabel González, cóntanos neste vídeo como axudar aos nenos/as emocionalmente para sobrelevar a situación actual.

Guía para o acompañamento emocional

Lorena Conde Vázquez, comparte en "Aulas Galegas" esta guía co fin de axudar a abordar as emocións durante o confinamento, e que os nenos/as aprendan a xerar o seu propio benestar.

Pulsa na imaxe para saber máis.

© 2023 by Little Tots Preschool.

Proudly created with Wix.com

bottom of page