RECOMENDACIÓNS PARA SAÍR COS NENOS/AS
Neste apartado podes atopar recomendacións e consellos específicos en relación coa saída dos nenos/as.
GUÍA DE BOAS PRÁCTICAS
O Ministerio de Sanidade elaborou unha "Guía de boas prácticas nas saídas da poboación infantil durante o estado de alarma". Recordade que o horario actual para saír é de 12 da mañá a 7 da tarde.
Pulsa na imaxe para consultar a guía.
TIPS PARA SAÍR DA CASA COS NENOS/AS
A web "sapos y princesas" preséntanos información e consellos para esta nova etapa na que os nenos/s poden saír.
Pulsa na imaxe para saber máis.
UNHA SAÍDA ESPECIAL
A través deste conto de Beatriz Costo, podemos contarlle aos nenos/as de forma lúdica, como poden saír da casa.
O ROCK DE LAVAR AS MANS
A compañía de teatro "Ferro Teatro" crea esta canción roqueira para contarlle aos nenos/as como deben lavar as mans ao volver dos paseos.
XOGOS NA RÚA
Dende "Aulas Galegas" preséntannos unhas indicacións e algúns xogos que se poden facer na rúa, acompañados de pictogramas para adaptarse á diversidade.
Pulsa na imaxe para saber máis.
TES MEDO A SAÍR?
Despois de tanto tempo confinados é posible que a algúns nenos/as lles coste saír da casa. Aquí vos deixamos estes consellos do psicólogo Álvaro Bilbao para esta situación.
Pulsa na imaxe para saber máis.



