CONMEMORACIÓN DAS LETRAS GALEGAS
Actualizado: 14 may 2020
Nesta semana, do 11 ao 15 de maio, é momento de conmemorar as Letras Galegas, que ten o seu día o domingo 17 de maio e este ano se lle dedica a Ricardo Carvalho Calero. Seguro que os vosos titores/as vos están propoñendo moitas actividades para conmemorar esta data, dende o Departamento de Orientación queremos celebrar tamén con vós este día, e para iso vos deixamos este vídeo. O grupo de traballo do Seminario Galán resumiu a vida e obra do autor, o ilustrador Carlos Gallego creou as imaxes, e os alumnos/as do colexio San Pío X, de Ourense, púxolle a voz a esta bonita historia. Non perdades de vela!
Ademais, propoñémosvos actividades para aprender deste autor de forma divertida na pestana "divírtete".


Comentarios